Na clase de ESLDO (English as a Second Language de nivel
intermedio-avanzado) a profesora Carolina Resendes tiña montado un proxecto
para traballar con libros infantís que case puiden ver na súa totalidade e cuxo
resultado me pareceu magnífico. Era a primeira vez que ela facía este tipo de
actividade e sentinme feliz de poder contribuír cos meus comentarios e como
fotógrafa dalgunhas partes.
O alumnado era de moi diferentes nacionalidades e culturas e o traballo en
grupo non foi doado.
A actividade pasou por diferentes etapas:
- Presentación de libros infantís.
En Canadá é costume e, case unha obriga, que as nais e pais lean cada noite
aos seus nenos. Dos 25 alumnos só a un lle leran contos de neno. Así pois non
estaban nada familiarizados con este formato nin sabían moito do tema.
A profesora trouxo varios libros e léronos.
2. Logo distribuiron
os libros por grupos e analizaron como se estruturan os libros infantís. Cada grupo
fixo un cartel respondendo a estes aspectos que logo puxeron nos taboleiros da
clase:
-Título
-Por que lles gusta aos nenos esta historia
-Argumento
-Escenario
-Punto de vista
3. Unha
vez coñecido o funcionamento dos libros infantís, a tarefa que se lles asignou
foi a de escribir un libro para nenos. Cada grupo tería catro membros: un
líder, un escritor, un vendedor e un debuxante.
As instrucións que recibiron foron estas:
-
Non usar
o seu propio idioma, senón sempre o inglés.
-
Non usar
o móbil (recordemos que non está prohibido nas aulas)
-
Non
estar calados
-
Non
falar coa xente doutros grupos
-
Non durmir
-
Escoitar
atentamente aos compañeiros
-
Dar ideas
A profesora avaliaría as habilidades cooperativas e de participación
mentres eles traballan.
4. Cando a historia estaba xa ideada o traballo de cada membro sería o seguinte:
4. Cando a historia estaba xa ideada o traballo de cada membro sería o seguinte:
-
Todos
terían que organizar a escritura e os debuxos e decidir como arranxarían o
libro.
-
O
escritor revisaría os tempos verbais, pronomes e vocabulario tendo en conta que
é un libro para nenos e por tanto, precisa unha linguaxe sinxela.
-
O
líder encargaríase da edición e revisaría a escrita..
-
O
ilustrador e vendedor deciden sobre os debuxos.
5. Unha
vez que o libro está debuxado e escrito teñen que montalo, revisando todo antes
atentamente.
6. O último día fíxose unha feira do libro na que cada grupo presentou aos outros o
seu exemplar.
Organizouse a presentación por grupos e foi o
maquetador que explicou de que trataba o libro e ata leuno, usando así moito o
inglés. Os que escoitaban podían logo facerlle preguntas.
Despois da primeira ronda a profesora chamou aos
vendedores e deulles instrucións para mellorar a súa presentación (mostrar o
libro, falar de frente, etc).
Cada vez que repetían isto, melloraban de xeito
moi considerable e medraba a súa motivación. Foi un éxito absoluto!
Ao final a profesora explicou que lle ía levar os
libros aos seus nenos e ver cal era a súa reacción. Contoume que os gravou e
lles mostrou o que dicían os seus fillos aos alumnos e quedaron absolutamente
abraiados do éxito que tiveron as súas creacións.
Foi unha actividade que serviu non só para
mellorar o inglés e os seus coñecementos de literatura, senón sobre todo para
desenvolver as súas capacidades comunicativas e motivalos.
No comments:
Post a Comment