Tuesday 24 October 2017

24 outubro

"Presentations"
A flexibilidade e dispoñibilidade para asistir ás clases en Bell High School que sexan do meu interese é impresionante. Estou aquí como coordinadora CLIL e como profesora CLIL de Oratoria, así que pido ir a clases relacionadas coas materias que impartimos en inglés no IES San Rosendo e a clases de inglés de distinto nivel para ver como traballan.
O que nós denominamos Oratoria, aquí chámano Presentations e está enfocada precisamente a aprender iso: como facer presentacións en clase.
Os alumnos deste grupo son de distintos niveis de ESL, así que a clase está enfocada tanto á práctica da oralidade como á práctica da lingua inglesa. Esa é a razón pola que esta clase me parece xenial para aprender cousas para as nosas propias clases CLIL de Oratoria (2º ESO). No IES San Rosendo estamos a facer algo moi parecido: traballar para mellorar a oralidade do noso alumnado á vez que melloran a súa competencia en inglés oral.
Así que tomo nota de todo o que fai a profesora Ms. Alicia Sallyi, á que teño que agradecer a súa enorme xenerosidade. Vexo as presentacións dos alumnos sobre “Why I love Bell High School” que fan nun inglés sinxelo e limitado a 4 diapositivas.
Nas seguintes clases traballan sobre distintos aspectos que xorden da propia presentación, tales como a seguridade para falar en público, o medo ou o estrés que isto xera.
 

Estes son os links dalgúns vídeos moi interesantes para traballar estes temas:
The Skill of Self Confidence: https://www.youtube.com/watch?v=w-HYZv6HzAs
Our Relationship withe Fear: https://www.youtube.com/watch?v=P3mpOjP-tHc
Reprogramming your Brain to Overcome Fear:
How to Define Yourself. Lizzi Velasquez:
E estas son algunhas das actividades propostas:
  


 




Sunday 22 October 2017

19 outubro

Bell High School - Primeiras impresións
Estes días son exemplo dun traballo ben feito. A organización deste programa é, ata o momento, impecable: comunicación previa á viaxe, viaxe de España ao Canadá, familia de acollida, programa de formación e actividades. Certo é que algúns compañeiros tiveron dificultades, sobre todo nas familias, pero resolvéronse.

Bell High School (https://bellhs.ocdsb.ca/)


   


Presentarse nun instituto para observar, sabendo que o profesorado non ten a obriga de recibirnos, xenerou unha tensión na miña persoa difícil de describir. Sen embargo, todo o profesorado de Bell High School recibiume cun sorriso a pesar de andar tan apurados como nós andamos no IES San Rosendo. Agradezo a Mr. James Risk, xefe do departamento de inglés, a súa incondicional axuda en todo momento.
A sensación do ambiente entre os profesores é de traballo e profesionalidade. Chegan ao instituto sobre as 8 am para empezar as clases ás 9 e rematalas ás 15.15. Logo quedan para preparar as clases ou organizar clubs.

Departamento de inglés
Ao longo da xornada escolar hai 4 clases de 75’, as mesmas materias cada día durante un semestre. Alternan as horas para que cando cheguen os problemas coa neve non se vexan afectadas sempre as mesmas materias.

O xefe do departamento de inglés pregúntame a que clases quero acudir. Pídolle ir ás clases de inglés de calquera nivel e oratoria (ou o que máis se lle pareza) e outras que podan ser de interés para o IES San Rosendo.

A primeira clase á que vou é ESLDO (English as a Second Language de nivel intermedio). Son clases para alumnado que non domina o inglés. Logo acudo a Writer’s Craft e Arts.

Primeiras impresións deste primeiro día:
-        Nivel de ruído nos corredores e nas aulas moi, moi moderado (o instituto ten máis de 1000 estudantes de moitas nacionalidades e problemáticas diferentes  e ninguén berra!).
-          As clases teñen en torno a 20 alumnos.
-          O mobilidario é vello e o equipamento tecnolóxico mellorable.
-          Cada profesor ten a súa aula. É o alumnado o que cambia de aula.



-          Moitas aulas están fora en casiñas prefabricadas, á espera de que amplíen o edificio.


-          O ambiente de traballo na aula é moi relaxado.
-          Cando entran pola mañá sona o himno nacional e todo o mundo érguese e escoita en silencio absoluto.
  1. Canada National Anthem
-          O alumnado usa o móbil durante as clases, frecuentemente non con fins académicos.
-          Entre as dúas primeiras e as dúas últimas clases hai un descanso de 10’ e ás 12 teñen 50’ para comer. Cada un leva o seu “packed lunch”. Non hai comedor.
-          Os profesores dan clase de varias materias; algúns do departamento de inglés dan matemáticas e plástica, ademais de inglés como primeira lingua e como lingua estranxeira.

Thursday 19 October 2017

16-18 Outubro

16 – 18 outubro
Días de formación no centro da organización que pertence a ocenet, rede de educación de Ontario (Canada). Fixemos actividades e déronnos charlas informativas sobre Canadá e o seu sistema educativo.
 


A charla sobre como cambiaron a organización das escolas e institutos foi moi interesante. Ao apoio do goberno e a un aumento da financiación sumouse o apoio ao profesorado e a promoción da colaboración entre estes. Entre outras medidas, está a figura dod "instructional coach" que axuda ao profesorado observando as súas clases e dándolles ideas para melloralas. Tamén hai que ter en conta que Canada é un país multicultural que acolleu a miles de refuxiados e que ten feito un programa especial para a integración e aprendizaxe do inglés. Importante o que destacou Constantin: “Every teacher is a language teacher”.
Páxina web do ministerio de educación: http://edu.gov.on.ca/
Información e recursos para o profesorado: http://edu.gov.on.ca/eng/teachers/
Información e recursos para o alumnado: http://edu.gov.on.ca/eng/students/
Información e recursos para as/os n/pais: http://edu.gov.on.ca/eng/parents/

Sempre hai un descanso para café e donuts
 

Monday 16 October 2017

15 Outubro


Ás 9.30 saímos de Albert Street nun típico School Bus marelo, precioso, e cruzamos o río Ottawa, deixando así atrás a provincia bilingüe de Ontario para adentrarnos na provincia francófona de Quebec, cara ao Omega Park. O parque é unha reserva natural onde se conservan especies autóctonas. Nesa contorna de cores vermellas, marelas e verdes outonais puidemos ver corzos, antílopes, cabras montesas, alces, lobos, coiotes, búfalos, porcos bravos e osos. Un guía, que se criara na zona, explicounos o modo de vida deses animais e o sistema de traballo do parque que colabora con outros grandes parques de norte América. Foi un pracer poder ver tan cerca eses animais no seu medio natural.

 


Logo visitamos Le Chateau Montebello, unha enorme cabana feita con troncos, a máis grande do mundo que é un complexo hoteleiro ao borde do río Ottawa.
Á volta, en Ottawa esperábannos as familias coas que nos hospedamos.

O día foi moi produtivo tanto polo interese das visitas como polo que esta viaxe aportou á cohesión do grupo de profesores que viaxamos.

Sunday 15 October 2017

13-14 outubro

A viaxe ata Ottawa foi longa: voo Santiago-Madrid o venres pola tarde, fixemos noite en Madrid e o sábado voamos a Toronto e finalmente a Ottawa.
Foi canso, longas esperas nos aeroportos, poucas horas de sono, pero unha magnífica oportunidade para coñecer aos 34 compañeiros cos que viaxei. Un bo comezo compartido con profesores de inglés e CLIL de primaria e secundaria de distintas partes de Galicia.

En todas esas horas as conversas foron variadas e sempre interesantes. Parece que imos aprender moito máis do que esperaba: experiencias nos centros de estudos, seus coñecementos de Canadá no caso de profesores que estiveron alí anteriormente, intercambios co alumnado e profesorado de outros países dos que aprendín moitísimo e que me deron excelentes ideas para os nosos propios intercambios; todo entre sorrisos e algunha que outra broma a medida que imos collendo confianza. Pinta que vai ser un grupo xenial!

Tuesday 10 October 2017

10 de outubro

Faltan 3 días para marchar para Canadá.
Teño que dicir que ata o de agora todo marcha perfectamente.
A compañía que se encarga da organización desta viaxe, Redleaf, está respondendo de marabilla.
O instituto que me asignaron é Bell High School, 40 Cassidy Road, Nepean (https://bellhs.ocdsb.ca/Pages/home.aspx). Ten moi boa pinta!
Espero poder aprender moito!

A biblioteca de Bell High School

A biblioteca do instituto é un espazo luminoso e agradable en dous niveis. Alí impártense algunhas clases para uso dos recursos bibliográfic...