13-14 outubro
A viaxe ata Ottawa foi longa: voo Santiago-Madrid o venres pola tarde,
fixemos noite en Madrid e o sábado voamos a Toronto e finalmente a Ottawa.
Foi canso, longas esperas nos aeroportos, poucas horas de sono, pero unha
magnífica oportunidade para coñecer aos 34 compañeiros cos que viaxei. Un bo
comezo compartido con profesores de inglés e CLIL de primaria e secundaria de
distintas partes de Galicia.
En todas esas horas as conversas foron variadas e sempre interesantes.
Parece que imos aprender moito máis do que esperaba: experiencias nos centros
de estudos, seus coñecementos de Canadá no caso de profesores que estiveron alí
anteriormente, intercambios co alumnado e profesorado de outros países dos que
aprendín moitísimo e que me deron excelentes ideas para os nosos propios
intercambios; todo entre sorrisos e algunha que outra broma a medida que imos
collendo confianza. Pinta que vai ser un grupo xenial!
No comments:
Post a Comment