Monday 16 October 2017

15 Outubro


Ás 9.30 saímos de Albert Street nun típico School Bus marelo, precioso, e cruzamos o río Ottawa, deixando así atrás a provincia bilingüe de Ontario para adentrarnos na provincia francófona de Quebec, cara ao Omega Park. O parque é unha reserva natural onde se conservan especies autóctonas. Nesa contorna de cores vermellas, marelas e verdes outonais puidemos ver corzos, antílopes, cabras montesas, alces, lobos, coiotes, búfalos, porcos bravos e osos. Un guía, que se criara na zona, explicounos o modo de vida deses animais e o sistema de traballo do parque que colabora con outros grandes parques de norte América. Foi un pracer poder ver tan cerca eses animais no seu medio natural.

 


Logo visitamos Le Chateau Montebello, unha enorme cabana feita con troncos, a máis grande do mundo que é un complexo hoteleiro ao borde do río Ottawa.
Á volta, en Ottawa esperábannos as familias coas que nos hospedamos.

O día foi moi produtivo tanto polo interese das visitas como polo que esta viaxe aportou á cohesión do grupo de profesores que viaxamos.

No comments:

Post a Comment

A biblioteca de Bell High School

A biblioteca do instituto é un espazo luminoso e agradable en dous niveis. Alí impártense algunhas clases para uso dos recursos bibliográfic...