16 – 18 outubro
Días de formación no centro da organización que pertence a ocenet, rede de educación de Ontario
(Canada). Fixemos actividades e déronnos charlas informativas sobre Canadá e o
seu sistema educativo.
A charla sobre como cambiaron a organización das escolas e institutos foi
moi interesante. Ao apoio do goberno e a un aumento da financiación sumouse o
apoio ao profesorado e a promoción da colaboración entre estes. Entre outras medidas, está a figura dod "instructional coach" que axuda ao profesorado observando as súas clases e dándolles ideas para melloralas. Tamén hai que ter en
conta que Canada é un país multicultural que acolleu a miles de refuxiados e
que ten feito un programa especial para a integración e aprendizaxe do inglés.
Importante o que destacou Constantin: “Every
teacher is a language teacher”.
Páxina web do ministerio de educación: http://edu.gov.on.ca/
Información e recursos para o profesorado: http://edu.gov.on.ca/eng/teachers/
Información e recursos para o alumnado: http://edu.gov.on.ca/eng/students/
Información e recursos para as/os n/pais: http://edu.gov.on.ca/eng/parents/
Sempre hai un descanso para café e donuts
No comments:
Post a Comment