Bell High School - Primeiras impresións
Estes días son exemplo dun traballo ben feito. A organización deste
programa é, ata o momento, impecable: comunicación previa á viaxe, viaxe de
España ao Canadá, familia de acollida, programa de formación e actividades.
Certo é que algúns compañeiros tiveron dificultades, sobre todo nas familias,
pero resolvéronse.
Presentarse nun instituto para observar, sabendo que o profesorado non ten
a obriga de recibirnos, xenerou unha tensión na miña persoa difícil de
describir. Sen embargo, todo o profesorado de Bell High School recibiume cun
sorriso a pesar de andar tan apurados como nós andamos no IES San Rosendo. Agradezo a Mr. James Risk, xefe do departamento de inglés, a súa incondicional axuda en todo momento.
A sensación do ambiente entre os profesores é de traballo e profesionalidade.
Chegan ao instituto sobre as 8 am para empezar as clases ás 9 e rematalas ás
15.15. Logo quedan para preparar as clases ou organizar clubs.
Departamento de inglés |
Ao longo da xornada escolar hai 4 clases de 75’, as mesmas materias cada
día durante un semestre. Alternan as horas para que cando cheguen os problemas
coa neve non se vexan afectadas sempre as mesmas materias.
O xefe do departamento de inglés pregúntame a que clases quero acudir.
Pídolle ir ás clases de inglés de calquera nivel e oratoria (ou o que máis se lle
pareza) e outras que podan ser de interés para o IES San Rosendo.
A primeira clase á que vou é ESLDO (English as a Second Language de nivel
intermedio). Son clases para alumnado que non domina o inglés. Logo acudo a
Writer’s Craft e Arts.
Primeiras impresións deste primeiro día:
- Nivel
de ruído nos corredores e nas aulas moi, moi moderado (o instituto ten máis de
1000 estudantes de moitas nacionalidades e problemáticas diferentes e ninguén berra!).
-
As
clases teñen en torno a 20 alumnos.
-
O
mobilidario é vello e o equipamento tecnolóxico mellorable.
-
Cada
profesor ten a súa aula. É o alumnado o que cambia de aula.
-
Moitas
aulas están fora en casiñas prefabricadas, á espera de que amplíen o edificio.
-
O
ambiente de traballo na aula é moi relaxado.
-
Cando
entran pola mañá sona o himno nacional e todo o mundo érguese e escoita en
silencio absoluto.
-
O
alumnado usa o móbil durante as clases, frecuentemente non con fins académicos.
-
Entre
as dúas primeiras e as dúas últimas clases hai un descanso de 10’ e ás 12 teñen
50’ para comer. Cada un leva o seu “packed lunch”. Non hai comedor.
- Os profesores dan clase de varias materias; algúns do departamento de inglés dan matemáticas e plástica, ademais de inglés como primeira lingua e como lingua estranxeira.
- Os profesores dan clase de varias materias; algúns do departamento de inglés dan matemáticas e plástica, ademais de inglés como primeira lingua e como lingua estranxeira.
No comments:
Post a Comment