Halloween é aquí unha
gran celebración. Dende que cheguei (xa hai 15 días) respírase Halloween por
todas partes: nas tendas, nas casas, nas rúas...
E logo
chega o gran día…
No
instituto profesores e alumnos veñen con algún disfraz, case sempre para dar
medo (zombis, esqueletos, bruxas, monstros).
Non
se organizan moitas actividades especiais, pero o grupo de alumnos de ESLAO (o nivel
máis básico de inglés) vai polos departamentos facendo "Trick or
Treat". A semana pasada tamén se organizou un día "Haunted
House" coa finalidade de asustar a aqueles que voluntariamente quixeran
pasar medo.
Pola
tarde/noite os nenos, que en días previos tallaran as cabazas, si que van facendo "Trick or Treat" para recoller
doces polas casas e o barrio transfórmase nunha festa de disfraces
terroríficos.
Así vai a cantiga dos
nenos, aínda que cando chaman á porta só din "Trick or Treat":
Trick or treat
Smell my feet
Give me something
good to eat
If you don’t
I don’t care
I’ll pull down your
underwear
Ou deste xeito:
Trick or treat
Smell my feet
Give me something
good to eat
Not too big
Not too small
Just the size of
Montreal
No comments:
Post a Comment