A biblioteca do instituto é un espazo luminoso e agradable en dous niveis. Alí impártense algunhas clases para uso dos recursos bibliográficos que organiza a encargada segundo a temática que se vai traballar.
Como en moitas outras bibliotecas, foron sustituindo os recursos en papel por recursos dixitais aos que o alumnado ten acceso: https://bellhs.ocdsb.ca/student_services/library
Ottawa. PIALE. October-November 2017
Sunday, 19 November 2017
Aprendendo con libros infantís
Na clase de ESLDO (English as a Second Language de nivel
intermedio-avanzado) a profesora Carolina Resendes tiña montado un proxecto
para traballar con libros infantís que case puiden ver na súa totalidade e cuxo
resultado me pareceu magnífico. Era a primeira vez que ela facía este tipo de
actividade e sentinme feliz de poder contribuír cos meus comentarios e como
fotógrafa dalgunhas partes.
O alumnado era de moi diferentes nacionalidades e culturas e o traballo en
grupo non foi doado.
A actividade pasou por diferentes etapas:
- Presentación de libros infantís.
En Canadá é costume e, case unha obriga, que as nais e pais lean cada noite
aos seus nenos. Dos 25 alumnos só a un lle leran contos de neno. Así pois non
estaban nada familiarizados con este formato nin sabían moito do tema.
A profesora trouxo varios libros e léronos.
2. Logo distribuiron
os libros por grupos e analizaron como se estruturan os libros infantís. Cada grupo
fixo un cartel respondendo a estes aspectos que logo puxeron nos taboleiros da
clase:
-Título
-Por que lles gusta aos nenos esta historia
-Argumento
-Escenario
-Punto de vista
3. Unha
vez coñecido o funcionamento dos libros infantís, a tarefa que se lles asignou
foi a de escribir un libro para nenos. Cada grupo tería catro membros: un
líder, un escritor, un vendedor e un debuxante.
As instrucións que recibiron foron estas:
-
Non usar
o seu propio idioma, senón sempre o inglés.
-
Non usar
o móbil (recordemos que non está prohibido nas aulas)
-
Non
estar calados
-
Non
falar coa xente doutros grupos
-
Non durmir
-
Escoitar
atentamente aos compañeiros
-
Dar ideas
A profesora avaliaría as habilidades cooperativas e de participación
mentres eles traballan.
4. Cando a historia estaba xa ideada o traballo de cada membro sería o seguinte:
4. Cando a historia estaba xa ideada o traballo de cada membro sería o seguinte:
-
Todos
terían que organizar a escritura e os debuxos e decidir como arranxarían o
libro.
-
O
escritor revisaría os tempos verbais, pronomes e vocabulario tendo en conta que
é un libro para nenos e por tanto, precisa unha linguaxe sinxela.
-
O
líder encargaríase da edición e revisaría a escrita..
-
O
ilustrador e vendedor deciden sobre os debuxos.
5. Unha
vez que o libro está debuxado e escrito teñen que montalo, revisando todo antes
atentamente.
6. O último día fíxose unha feira do libro na que cada grupo presentou aos outros o
seu exemplar.
Organizouse a presentación por grupos e foi o
maquetador que explicou de que trataba o libro e ata leuno, usando así moito o
inglés. Os que escoitaban podían logo facerlle preguntas.
Despois da primeira ronda a profesora chamou aos
vendedores e deulles instrucións para mellorar a súa presentación (mostrar o
libro, falar de frente, etc).
Cada vez que repetían isto, melloraban de xeito
moi considerable e medraba a súa motivación. Foi un éxito absoluto!
Ao final a profesora explicou que lle ía levar os
libros aos seus nenos e ver cal era a súa reacción. Contoume que os gravou e
lles mostrou o que dicían os seus fillos aos alumnos e quedaron absolutamente
abraiados do éxito que tiveron as súas creacións.
Foi unha actividade que serviu non só para
mellorar o inglés e os seus coñecementos de literatura, senón sobre todo para
desenvolver as súas capacidades comunicativas e motivalos.
Saturday, 18 November 2017
Bell HS Clubs
Bell High School
No instituto o alumnado organiza infinidade de clubs de todo tipo que levan a cabo durante a hora de comer ou despois de clase. Fano con ou sen a colaboración do profesorado e paréceme unha iniciativa moi interesante porque os rapaces demostran ter iniciativas propias.
Estes son algúns dos carteis dos clubs:
No instituto o alumnado organiza infinidade de clubs de todo tipo que levan a cabo durante a hora de comer ou despois de clase. Fano con ou sen a colaboración do profesorado e paréceme unha iniciativa moi interesante porque os rapaces demostran ter iniciativas propias.
Estes son algúns dos carteis dos clubs:
Tamén hai moitas iniciativas de voluntariado para obter fondos ou axudar aos necesitados. En Canadá o alumnado debe ter feito un número de horas de voluntarios para rematar a secundaria.
Monday, 6 November 2017
Writer's Craft Class
Esta clase é impartida polo profesor Mr. Jim Risk a un grupo duns 15
estudantes de Grade 12 que corresponde ao noso 2º de BAC.
Trátase dun curso de escritura creativa moi dinámico e motivador no que os
alumnos estudan textos de distintos xéneros e logo escriben empregando técnicas
similares. As actividades mestúranse facendo así unha clase moi dinámica e
creativa.
Estas son algunhas das actividades que levaron a cabo e que poden dar ideas
para as nosas propias clases. En tódolos casos foros explicadas e
contextualizadas minuciosamente.
-
Write about your first lie and how you
felt at the time.
-
Write a description of a picture. Then
another students draws a picture following this description. Both pictures are
compared and a reflection on what was helpful and what was “not clear” follows.
-
Following the description by Bonnie
Burnard in A Good House,
students have to go to the library and describe their way back to the
classroom. They cannot use the words ‘left, right, north, south, east, west’ or
shared associations and they must pay attention to the sense of directions as
well as to the atmosphere.
-
“Front Porch” description. After reading “This
is where my world began” by Margaret Laurence they must write about their own experience.
-
‘Problem page’. They must write about a
problem on a sheet of paper and then they have to answer to another person’s problem.
They are funny or sarcastic problems/advice.
-
Landscape picture: the students are given
a picture of a landscape and they must write a descriptions in terms of visual.
Then they pass the picture and the writing to another colleague who has to add
a description of the same photo in terms of sound. They pass it again and the
next person writes a description in terms of scent. Then they write a
description in terms of taste and finally one in terms of touch. The person who
started the description gets it back.
-
Summaries. Summarize a text to the
maximum. To practise that, they have to rewrite a descriptive paragaph by
taking out all that isn’t necessary. The teacher highlights some of the words
that must disappear and they sometimes must add some word or change verb
tenses.
-
Landscape picture: this time they must
isolate something that is moving or refers to movement in the picture and they
must describe it. The base is a paragraph in Cormac McCarthey, All the Pretty
Horses.
-
Write about the moment you felt you
abandoned the world of children. Read “Janet Waking” which is related to the
topic and work with some more aspects of the poem like title, connotation,
attitude and theme.
A revisión dos ensaios ou traballos que levaron a cabo faise dunha forma
cooperativa. Son revisados polos compañeiros que explican os puntos que eles
consideran mellorables. Moitas veces isto leva a unha reescritura do texto. Ao
mesmo tempo, teñen que entregar outras tarefas relacionadas co tipo de texto que
están a traballar para ser avaliados.
Wednesday, 1 November 2017
31 outubro - Halloween
Halloween é aquí unha
gran celebración. Dende que cheguei (xa hai 15 días) respírase Halloween por
todas partes: nas tendas, nas casas, nas rúas...
E logo
chega o gran día…
No
instituto profesores e alumnos veñen con algún disfraz, case sempre para dar
medo (zombis, esqueletos, bruxas, monstros).
Non
se organizan moitas actividades especiais, pero o grupo de alumnos de ESLAO (o nivel
máis básico de inglés) vai polos departamentos facendo "Trick or
Treat". A semana pasada tamén se organizou un día "Haunted
House" coa finalidade de asustar a aqueles que voluntariamente quixeran
pasar medo.
Pola
tarde/noite os nenos, que en días previos tallaran as cabazas, si que van facendo "Trick or Treat" para recoller
doces polas casas e o barrio transfórmase nunha festa de disfraces
terroríficos.
Así vai a cantiga dos
nenos, aínda que cando chaman á porta só din "Trick or Treat":
Trick or treat
Smell my feet
Give me something
good to eat
If you don’t
I don’t care
I’ll pull down your
underwear
Ou deste xeito:
Trick or treat
Smell my feet
Give me something
good to eat
Not too big
Not too small
Just the size of
Montreal
Subscribe to:
Posts (Atom)
A biblioteca de Bell High School
A biblioteca do instituto é un espazo luminoso e agradable en dous niveis. Alí impártense algunhas clases para uso dos recursos bibliográfic...
-
"Presentations" A flexibilidade e dispoñibilidade para asistir ás clases en Bell High School que sexan do meu interese é impresi...
-
13-14 outubro A viaxe ata Ottawa foi longa: voo Santiago-Madrid o venres pola tarde, fixemos noite en Madrid e o sábado voamos a Toro...
-
A biblioteca do instituto é un espazo luminoso e agradable en dous niveis. Alí impártense algunhas clases para uso dos recursos bibliográfic...