A flexibilidade e dispoñibilidade para asistir ás clases en Bell High
School que sexan do meu interese é impresionante. Estou aquí como coordinadora
CLIL e como profesora CLIL de Oratoria, así que pido ir a clases relacionadas
coas materias que impartimos en inglés no IES San Rosendo e a clases de inglés
de distinto nivel para ver como traballan.
O que nós denominamos Oratoria, aquí chámano Presentations e está enfocada precisamente
a aprender iso: como facer presentacións en clase.
Os alumnos deste grupo son de distintos niveis de ESL, así que a clase está
enfocada tanto á práctica da oralidade como á práctica da lingua inglesa. Esa é
a razón pola que esta clase me parece xenial para aprender cousas para as nosas
propias clases CLIL de Oratoria (2º ESO). No IES San Rosendo estamos a facer
algo moi parecido: traballar para mellorar a oralidade do noso alumnado á vez
que melloran a súa competencia en inglés oral.
Así que tomo nota de todo o que fai a profesora Ms. Alicia Sallyi, á que teño que agradecer a súa enorme xenerosidade. Vexo as presentacións dos alumnos sobre “Why I
love Bell High School” que fan nun inglés sinxelo e limitado a 4 diapositivas.
Nas seguintes clases traballan sobre distintos aspectos que xorden da
propia presentación, tales como a seguridade para falar en público, o medo ou o
estrés que isto xera.
Estes son os links dalgúns vídeos moi interesantes para traballar estes temas:
The Skill of Self Confidence: https://www.youtube.com/watch?v=w-HYZv6HzAs
Our Relationship withe Fear: https://www.youtube.com/watch?v=P3mpOjP-tHc
Reprogramming your Brain to Overcome Fear:
How to Define Yourself. Lizzi Velasquez: